Wiki Planetes
Advertisement
Vulcano

Vulcano.

Vulcaniano

Un vulcaniano.

Vulcano é un planeta do que son orixinarios os vulcanianos, unha raza que abarca a lóxica como principal filosofía. Os seus costumes rituais son firmemente respectadas por toda a comunidade, e en rara ocasión un vulcaniano desvíase deste camiño.

Está situado a só 16 anos luz da Terra, no mesmo sector que Talos e Alfa Centauri. O seu clima é extremadamente árido.

Tamén deste planeta eran orixinarios os romulanos que viven no planeta Rómulo cando se separaron, 2000 anos atrás, dúas faccións de Vulcano. Os romulanos atacan a bóla 04 en Planetes (serie 1).

Habitantes

Os vulcanianos son unha especie humanoide orixinarios do planeta Vulcano (situado a 16,5 anos luz da Terra) e coñecidos polo seu estilo de vida baseado na razón e a lóxica. A primeira ollada, distínguense fisicamente da especie humana pola forma puntiaguda das súas orellas e cellas.

No pasado os vulcanianos foron unha especie apaixonada e violenta, moito máis que a humana, pero coa adopción da lóxica, a meditación e a supresión desde as emocións, lograron formar unha sociedade próspera e avanzada en tecnoloxía. Un grupo secreto liderado polo vulcaniano Padok entrou a Frota Estelar da Federación. No anime aparecen pouco, só se ve un nun grupo de teatro, e os outros do grupo eran humanos.


Especies e lugares de Planetes
FEF: Terra (humanos)Góbola (gobolianos)Teremedó (teremedosianos)Vulcano (vulcanianos)Nimbeanos e mirianos (sistema Talos)
Outros: Klingons (Kronos)SulibansRecinto TékodaPegaso (pegasianos)Dominio (dimensión descoñecida)Universo espelloVía Láctea
Advertisement