Wiki Planetes
Registrarse
Advertisement

O universo espello é un universo paralelo do noso. As personaxes do universo espello son xeralmente as mesmas da continuidade “normal” de Planetes, mais as súas personalidades son moito máis agresivas, desconfiados e oportunistas. O universo espello mostra que a Terra seguiu unha liña militar, cuxa historia é repleta de guerras e a compaixón é vista como fraqueza, e ten un Imperio que foi construído ao custo de guerras, conquistas, escravos, mortes e traizóns. As personaxes de cada universo refírense ás súas contrapartes como “dobres”, “paralelos” ou “espellos”.

O universo espello só aparece no universo expandido de Planetes, mais no anime pode verse a parte “má” de Ai Tanabe. A primeira aparição no universo expandido é na segunda parte de Planetes Mata 2, onde a nave FEF 05 entra nun vórtice e acaba no universo espello, onde aparecen unhas “versións más” de Josep Maria #, İhi Kadse e Laia (esta última morre).

Despois aparece en varios episodios de Planetes 3. Josep Maria # no universo espello é o xefe da unión Teremedovulcaniana. Tamén aparece Carol, unha moza que non aparece a súa parte “boa” do noso mundo, que se une á nave FEF 07 e logo resulta ser unha traidora. Posteriormente aparece unha moza do universo espello chamada Superintendente Selena, que busca unha boa relación coa súa dobre, pero ao non conseguilo secuestra a nave con Carol e quérea usar como arma na guerra do seu universo. Josep Maria 15 atopa á mesma Superintendente con menos anos e ve unha oportunidade: borrarlle a memoria para que quede no mundo de 15 e non creza, así nunca existirá nin a Superintendente nin toda a súa guerra que case acaba con todos os teremedosianos do universo espello que a Superintendente organizara: a unión Teremedovulcaniana contra os humanos e klingons. Logo aparece noutro episodio, onde Josep Maria 15 decátase que no universo espello alterado por el alí é famoso porque fixera “a gran fazaña”, a pesar de que el nunca fixo nada importante alí.

No universo espello nas “escolas” avalíase aos alumnos en pares e non individualmente como no noso mundo, causando grandes problemas entre as parellas formadas (do mesmo sexo ou de distinto sexo).


Especies e lugares de Planetes
FEF: Terra (humanos)Góbola (gobolianos)Teremedó (teremedosianos)Vulcano (vulcanianos)Nimbeanos e mirianos (sistema Talos)
Outros: Klingons (Kronos)SulibansRecinto TékodaPegaso (pegasianos)Dominio (dimensión descoñecida)Universo espelloVía Láctea
Advertisement