Wiki Planetes
Registrarse
Advertisement

Esta é unha lista dos tripulantes máis importantes do universo expandido de Planetes que serviron a bordo da oitava nave talosiana (posteriormente renombrada como FEF 08) e a súa descendencia.

Groka[]

Artigo principal: Groka

Groka Birka é a capitá da oitava nave da Frota Talosiana, e é nimbeana. Ela recruta dous tripulantes de Nimbea (Biurk e Lemba) e dous tripulantes de Mira (Parth e Mol). Cando saen únese á tripulación unha muller dunha raza descoñecida, chamada Margareeda, que ten habilidades telepáticas e que axuda psicoloxicamente á tripulación. Máis tarde ten un fillo cun humano chamado Diego: Dídac Arguedas. Diego morre.

Parth[]

Parth ten o rango de comandante e é o primeiro oficial da oitava nave da Frota Talosiana. É miriana, e é o máis listo da tripulación, no que ás veces chega a destacar coas súas longas conversacións científicas.

Como os demais mirianos, el respira nitróxeno. No seu planeta, Mira, non existe a cor azul, que é tan abundante na Terra. A súa pel é de cor verde, igual que o seu pelo. Os mirianos teñen o poder do Raio negro, un raio que sae dos seus ollos que petrifica a quen sexa disparado.

El estivo presente no primeiro contacto entre mirianos e humanos, pero os humanos que atoparon preferiron gardar o segredo. Parth faise noivo de Mol, e máis adiante casan.

Mol[]

Mol ten o rango de tenente comandante e Groka a recruta como xefa de seguridade, e é unha moza miriana.

Ela tamén estivo presente no primeiro contacto entre mirianos e humanos. Ela era unha nena e ía nunha viaxe escolar, xunto coa súa mellor amiga Arial, que foi a moza miriana que fixo máis tratos cun humano chamado Antoni. Este humano e o seu avó recolléronos, e axudáronlles a volver a Mira porque a súa nave estragouse. Logo decidiron gardar o segredo.

Cando pasaron uns anos do primeiro contacto cos humanos Mol namórase de Parth, que lle acompañou tamén na viaxe escolar á Terra. Nos primeiros episodios de SerieStar4 saen como noivos, e máis adiante casan e teñen dous fillos: Courier e Tuc.

Biurk[]

Biurk Grog ten o rango de alférez e é un dos temoneiros da nave, e é nimbeano como a maioría da tripulación. Como todos os nimbeanos, é moi delgado (ao contrario dos gobolianos) e ten poderes telequinéticos. Ten tres dedos en lugar de cinco e os seus ollos son dourados. Eles ueden transmitir poderes a algunhas razas, como a humana.

El sempre tivo un bo concepto dos humanos, ao contrario do resto de talosianos. Cando era jóven, el viaxou á Terra e contactou cun neno humano de 9 anos chamado Félix Sarracín. Este era un mozo que tiña problemas na escola, porque un matón acosáballe. Entón Biurk, coa súa habilidade de transferencia de poderes, transmitiulle os seus poderes de telequinesis a Félix, que os usou para vingarse do matón. Ao final, asustado e sorprendido, o matón deixou de acosar a Félix. O neno gardou o segredo do seu amigo alieníxena.

Biurk casa con Lemba e teñen un fillo: Félix, que se chama como o neno que Biurk coñeceu.

Lemba[]

Lemba Pund ten o rango de alférez e é a outra temoneira da nave. Ela é nimbeanesa, e é a noiva de Biurk, e máis adiante casan e teñen un fillo: Félix, que se chama como o neno que Biurk coñeceu.

Coñécese pouco do pasado de Lemba, xa que ela é unha moza reservada e calada, e en ningunha ocasión revela o seu pasado co que cabe supor que non tivo unha infancia agradable. É a moza máis nova da tripulación orixinal sen contar a Padok e Margareeda.

Margareeda[]

Margareeda é a axudante e psicóloga dos tripulantes da oitava nave da Frota Talosiana (que logo é renombrada como FEF 08) e provén dunha raza diferente.

Ela é unha nena que escapa do seu planeta, do cal nunca quere falar, e atópase coa oitava nave da Frota Talosiana. Groka acóllea e descobre que Margareeda ten grandes poderes telepáticos. A súa raza non só é telepática, senón que tamén é empática polo que ela, a pesar da súa curta idade, pode ser unha boa psicóloga para a nave, e máis dunha vez axudou á tripulación en momentos de depresión.

Namórase de Padok, e cando este sofre o Pon Farr, se aparea con el. É a máis nova da tripulación orixinal contando os que se engaden nos primeiros episodios.

Padok[]

Artigo principal: Padok

Padok é un neno vulcaniano que serve como alférez. Ten 13 anos, pero ten un aspecto dun humano de 7 anos. No primeiro episodio, cando van a Vulcano, Padok pide a Groka de unirse á súa nave, e ela acepta ao novo vulcaniano á oitava nave da Frota Talosiana como alférez. El sofre o Pon Farr e Margareeda, que estaba namorada de Padok, se aparea con el e empezan unha relación.

Diego[]

Artigo principal: Diego

Diego Arguedas estivo como médico das naves 04, 05 e 06 cos nenos que foron capturados en Tékoda polos bursianos. Na FEF 08 que sae en SerieStar4 é o médico da nave durante pouco tempo. Namórase da capitá Groka, e teñen un fillo: Dídac. Posteriormente Diego morre.

Descendencia[]

Cando pasan moitos anos, aos poucos os protagonistas casan e teñen fillos, e así van cambiando a tripulación:

  • George: fillo de Margareeda e Padok, o maior dos descendentes.
  • Dídac Arguedas: fillo de Diego e Groka. El pasa a ser o médico cando o seu pai morre.
  • Courier: o fillo maior de Parth e Mol.
  • Tuc: o fillo pequeno de Parth e Mol.
  • Felix Grog: o pequeno fillo de Biurk e Lemba.
Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)
Advertisement