Wiki Planetes
Registrarse
Advertisement
Terra

A Terra.

Humano

Un humano.

A Terra é o terceiro planeta do sistema solar por orde de proximidade ao Sol e o quinto en canto a diámetro. Forma parte dos planetas terrestres ou rochosos. Xira ao redor do Sol ao longo dunha órbita moi pouco excéntrica (unha elipse moi parecida a unha circunferencia) a unha distancia media de 149600000 km (1 UA) xa unha velocidade de 29,8 km/s. Tamén vira sobre si mesmo cun período de rotación de 23 horas, 56 minutos e 3,5 segundos, movemento que determina o día e a noite. O seu diámetro ecuatorial é de 12756 km. Ten un único satélite natural, a Lúa. Atópase no cuadrante Alfa da Vía Láctea. O 5 de abril do 2063 a Terra fixo a primeira viaxe no hiperespazo, chamando a atención aos vulcanianos.



Habitantes[]

Os humanos, terrícolas, terrestres ou terranos (este último no universo espello) (Homo sapiens, “home que sabe” en latín) son habitantes da Terra e son primates bípedos da familia dos homínidos, e Homo sapiens é a única especie sobrevivente do xénero Homo. Dentro desta especie só existe unha subespecie viva, Homo sapiens sapiens, que se corresponde ao home actual. As probas de ADN indican que os humanos modernos orixináronse en África fai aproximadamente uns 200000 anos. Os humanos, xunto cos teremedosianos, gobolianos, nimbeanos e mirianos (sistema Talos) forman a Frota Estelar da Federación.

Satélite natural: a Lúa[]

Lúa

A Lúa.

A Lúa é o único satélite natural da Terra. O seu diámetro é de 3475 km e orbita a unha distancia media de 384400 km. A súa masa é moito menor que a terrestre, e a aceleración da gravidade é aproximadamente 1/6 da da Terra. A súa superficie está chea de cráteres e posúe unha atmosfera moi tenue. Visto desde a Terra, é o obxecto máis brillante despois do Sol, aínda que realmente non brilla, reflíctenos a luz do sol. O 21 de xullo do 1969 os astronautas do Apollo XI foron os primeiros humanos en pisar a súa superficie. A metades do século XXI créase a primeira colonia na lúa. A Lúa aparece bastante en Planetes (anime), e non tanto no universo expandido.


Especies e lugares de Planetes
FEF: Terra (humanos)Góbola (gobolianos)Teremedó (teremedosianos)Vulcano (vulcanianos)Nimbeanos e mirianos (sistema Talos)
Outros: Klingons (Kronos)SulibansRecinto TékodaPegaso (pegasianos)Dominio (dimensión descoñecida)Universo espelloVía Láctea
Advertisement