
Mapa de Talos.
Talos é un sistema estelar similar ao da Terra, preto de Vulcano. Ten 11 planetas:
Talos I[]
Planeta deshabitado. É o máis próximo á estrela que ten o sistema, e está sempre en chamas.
Talos II: Mira[]
Este planeta é amarelo e a súa atmosfera é o 90% de nitróxeno, o 6% de osíxeno e o resto outros gases; por tanto un humano, un teremedosiano, un goboliano ou un doutra raza parecida non pode sobrevivir nese lugar. Pero a súa presión é como a Terra ou superior, polo que se necesita un traxe de astronauta especial. Deste planeta os seus habitantes son os mirianos, uns seres verdes que respiran nitróxeno. Neste planeta non existe a cor azul.
Talos III: Nimbea[]
Este planeta ten un anel, e é moi parecido á Terra, só que non hai tanta auga (un 56%). Deste planeta os seus habitantes son os nimbeanos, uns seres moi delgados e con poderes telequinéticos. Teñen tres dedos en lugar de cinco e os seus ollos son dourados. Poden transmitir poderes a algunhas razas, como a humana. Teñen unha tecnoloxía bastante avanzada, crearon unha Frota Estelar e en 2001 lanzaron 12 naves (con mirianos tamén), e a oitava chegou á Terra, coñeceu a Josep Maria 12 e Nimbea e Mira uníronse á Frota Estelar da Federación.
Talos IV[]
Este planeta parece ser o máis similar á Terra, pero supostamente está deshabitado.
Talos V-XI[]
Planetas xamais explorados.
Galería[]
Especies e lugares de Planetes |
---|
FEF: Terra (humanos) • Góbola (gobolianos) • Teremedó (teremedosianos) • Vulcano (vulcanianos) • Nimbeanos e mirianos (sistema Talos) Outros: Klingons (Kronos) • Sulibans • Recinto Tékoda • Pegaso (pegasianos) • Dominio (dimensión descoñecida) • Universo espello • Vía Láctea |