
Un suliban.
Os sulibans son unha especie sen planeta (nómade) pertencentes á Guerra Fría Temporal de viaxes no tempo. Os seus inimigos son os humanos e teremedosianos do século XXVIII.
Unha seita suliban chamada cábala, ten o papel de antagonistas na última tempada de Planetes 3 e en SerieStar4 do universo expandido. Esta seita ten un acordo cun habitantes do século XXVIII que loitan na Guerra Fría Temporal onde estes individuos tentan cambiar a historia por intereses persoais, a cambio os sulibans obteñen melloras xenéticas.
Orixe[]
Os sulibans e os teremedosianos teñen unha orixe común nun remoto planeta da Galaxia de Andrómeda: dúas irmás restantes dunha civilización extinta fundaron as dúas razas. A irmá maior e máis vengativa chamada Sulny fundou a raza suliban, e a máis pacífica chamada Melny fundou a raza teremedosiana. Sulny morreu, e Melny estaba soa. A nave FEF 08 atopa ese planeta onde está Melny, e a capitá Groka decide quedar con ela, e morre no planeta.
Fisioloxía[]
Os sulibans teñen unha fisioloxía antropomórfica coa característica que visualmente lembran a esponxas amarelas no sentido de que todo o seu corpo está cheo de grandes poros.
Aparición en Planetes 3[]
Aparecen no último episodio da sétima tempada e van aparecendo na oitava e última. No episodio 16 da oitava tempada aparecen e un suliban que se fai chamar “Paul Archer” como humano faise noiva dunha moza chamada Kimberly, compañeira de colexio de Josep Maria 15, cambiando a historia: ela nunca tería noivo. Ao final Kimberly descobre a verdade do alieníxena, déixao e únese á Frota Estelar da Federación, servindo a bordo da FEF 07. A historia está totalmente cambiada, e Josep Maria 15 vaise a un instituto que non tiña que ir nunca na historia principal. Ao final da serie os sulibans, despois dun último ataque, réndense e vanse do século XXI.
Aparición en SerieStar4[]
No último episodio da novena tempada aparecen outra vez os mesmos pero na historia normal e no ano 2063, un día antes do primeiro contacto. A nave FEF 09 atópase esta especie, e eles levan á agora tenente Kimberly (Mimi), que o seu ex noivo cóntalle acerca da outra historia e cando é liberada cóntallo a Josep Maria 67, e este ponse a buscar a liña temporal da que os sulibans veñen. Ao final estes vanse a outro mundo paralelo e non volverán máis.
Especies e lugares de Planetes |
---|
FEF: Terra (humanos) • Góbola (gobolianos) • Teremedó (teremedosianos) • Vulcano (vulcanianos) • Nimbeanos e mirianos (sistema Talos) Outros: Klingons (Kronos) • Sulibans • Recinto Tékoda • Pegaso (pegasianos) • Dominio (dimensión descoñecida) • Universo espello • Vía Láctea |