
Cartel da película 1.
Planetes I: La película (Planetes I: La peŀlícula en catalán) é unha película do universo expandido de Planetes que saíu en 2008, o mesmo ano en que está ambientada. Foi a primeira película baseada no universo expandido de Planetes.
Argumento[]
No universo espello, o bursiano Zuck (morto no noso universo) e o terrano Mader (ifniliano no noso universo, morto tamén) aliáronse e teñen a dous klingons de parte deles: Zirtuk e Kalah. Estes decatáronse de que hai un universo paralelo ao seu, o noso, e cun portal veñen até a Terra para acabar cos humanos.
Paralelamente descóbrese que Ralja, unha vella amiga de Josep Maria 12 que estaba con el en Tékoda e perdeuse na Terra, estivera secuestrada uns humanos por que descubriran que é alieníxena. É liberada e regresa á nave recentemente estreada FEF 07 con Josep Maria 12 e a súa nova tripulación: İhi Kadse, 0 e Pumiky. Este ponse moi contento de vela e escanéaa para ser unha máis do grupo. É entón cando aparecen o catro aliados do universo espello, que se dispoñen a atacar a Terra. A 07 failles fronte e entón, para que lles axuden, 12 contacta con Lia, Laia e o holograma de Manuel, e reúnense outra vez na nova nave da Frota Estelar da Federación para evitar que o catro aliados destrúan a Terra.
Todo isto sitúase despois dos sucesos que aparecen na tempada 3 de SerieStar4 e xusto antes dos sucesos da segunda parte de Planetes 3.
Lista de personaxes[]
Personaxe | Planeta | Rango |
---|---|---|
Josep Maria 12 | Teremedó | Almirante |
İhi Kadse | Teremedó | Capitá |
0 | Teremedó | Comandante |
Pumiky | Terra | Tenente comandante |
Laia | Terra | Comandante |
Lia | Terra | Tenente comandante |
Copia de Manuel | Holograma, Terra | Sen rango, axudante |
Zirtuk | Universo espello, Kronos | Sen rango (antagonistas) |
Zuck (alternativo) | Universo espello, Búr’sw | |
Kalah | Universo espello, Kronos | |
Mader (alternativo) | Universo espello, Terra |
Películas[]
Película actual | Película seguinte |
---|---|
Planetes I: A película | Planetes II: O creador da montaxe |