
Logo da serie 1.
Planetes é a primeira serie do universo expandido de Planetes, chamada como o anime. Consta de dúas tempadas con 10 episodios cada unha. Sitúase do ano 1999 ao 2000, 75 anos antes do os sucesos do anime.
Argumento[]
Un grupo de nenos humanos e do planeta Góbola van á Terra coa nave Bóla 04 para coller Josep Maria 4. Pero a súa nave é capturada polos bursianos e obríganos a estar alí encerrados, no recinto Tékoda.
Personaxes[]
- Josep Maria 4: é un neno teremedosiano con 4 anos nesta tempada. Estaba a piques de empezar un curso cando unha nave vén a por el. Preséntase unha nena goboliana chamada Ralja e todo un grupo de nenos humanos da mesma idade, que llo levan ao planeta de Ralja, Góbola. Pero son capturados polos bursianos e encérranos no recinto Tékoda. Aos poucos irá collendo amizade cos seus novos compañeiros, e tamén irá facendo inimigos.
- Ralja: é a nena que teoricamente dirixe a bóla 04. É do planeta Góbola, e a máis próxima a Josep Maria 4. Ten 12 anos nesta tempada, pero ten un aspecto dun humano de 4 anos.
- Laia: é unha nena medio goboliana por parte de pai e medio humana por parte de nai. É unha nena simpática, chistosa e algo travesa, pero adquire unha gran amizade con 4. Ela é a que convence aos seus amigos a ir á Terra a por el. Ten 8 anos nesta tempada, pero ten un aspecto dun humano puro de 4 anos.
Series[]
Serie anterior | Serie actual | Serie seguinte |
---|---|---|
Planetes (anime) | Planetes (serie 1) | Planetes Mata 2 |