Wiki Planetes
Advertisement
Planetes

Logo de Planetes en xeral.

Planetes é unha serie de anime xaponesa e ten un universo expandido de Dýmapko (M2) como idioma principal o catalán.

Argumento do anime[]

A historia ambiéntase no 2075 e trata sobre un grupo de astronautas empregados na Estación Espacial Tecnora, na sección de refugallos, mais coñecida como “a semi” (xa que é un grupo con recorte de orzamento e só conta coa metade do persoal) cuxo deber é recoller o lixo espacial que interfere nas actividades aeronáuticas da Terra.

A raíz do accidente sufrido pola nave de pasaxeiros Alnail-8, no ano 2068, o problema do lixo espacial cobrou gran importancia e protagonismo; satélites artificiais de usar e tirar, tanques abandonados polas lanzadeiras, residuos derivados da construción de estacións espaciais. Todos estes refugallos orbitan ao redor da Terra a velocidades que roldan o 8 km/s. O impacto dun destes obxectos cunha nave espacial podería provocar un grave accidente, e para evitar que unha nova traxedia se repetise, estimouse necesario para a carreira espacial manter baixo control a súa recollida.

Universo expandido[]

O universo expandido de Planetes consta de catro series que non foron televisadas.

Serie 1: Planetes[]

Planetes1

Logo de Planetes (serie 1).

A primeira serie, chamada como o anime, consta de dúas tempadas con 10 episodios cada unha. Sitúase do ano 1999 ao 2000, 75 anos antes do os sucesos do anime. Un grupo de nenos humanos e do planeta Góbola van á Terra coa nave 04 para coller Josep Maria 4. Pero a súa nave é capturada polos bursianos e obríganos a estar alí encerrados, no recinto Tékoda.

Serie 2: Planetes Mata 2[]

Planetes2

Logo de Planetes Mata 2.

Consta de catro tempadas con 10 episodios cada unha, e está dividida en dúas partes:

  • Tempadas 1 e 2: A primeira parte da serie empeza ao acabar a serie 1. Sitúase do 2000 ao 2001. Empeza un novo curso en Tékoda e agora van coa nave 05, roubada da dimensión descoñecida do cuadrante Gamma. Alí descobren novas cousas, e con pistola para disparar aos bursianos se for necesario.
  • Tempadas 3 e 4: Sitúase do 2008 ao 2012, onde os sucesos ocorren na mesma nave pero empeza seis anos despois de terminar a primeira parte. A nave FEF 05, que se deu por perdida, é atopada de novo e unha parte da tripulación orixinal van cara a fóra do universo, no que eles cren que é o “Ceo”. Ao final son penalizados e destrúese a nave, salvándose só 6.

Serie 3: Planetes 3[]

Planetes3

Logo de Planetes 3.

Consta de oito tempadas con 26 episodios cada unha, e tamén está dividida en dúas partes:

  • Tempadas 1 e 2: Esta serie empeza ao acabar a primeira parte da serie 2. Sitúase do 2001 ao 2002. Despois de disparar a todos os bursianos, resulta que non todos morreron e reestablecen o poder. Comeza o terceiro ano e cunha nave secreta e feita por eles chamada 06. Van con tecnoloxía nova, como pistolas de fáser, comunicadores, medicamento… É aquí onde se funda a Frota Estelar da Federación.
  • Tempadas 3 a 8: Josep Maria # con 13 anos e a súa nova pequena tripulación İhi Kadse e 0 descobren a existencia do Mar dixital e crean un mundo virtual. Aos poucos a tripulación que nunha orixe era de 3 vaise facendo máis grande.

No medio da oitava tempada a liña temporal cambia coa aparición dos Sulibans e Kimberly, e a serie termina nunha diferente.

Serie 4: SerieStar4[]

Planetes4

Logo de SerieStar4.

Consta de 16 tempadas con 10 episodios cada unha. Sitúase do ano 2001 ao 2121. Esta serie está a facerse, de momento só hai 12 tempadas completas. Empeza cun grupo de nimbeanos e de mirianos, procedentes do sistema Talos, van buscar novas civilizacións polo espazo. Saen doce naves, e esta é a oitava. Máis tarde atópanse coa FEF, na que se unen. Aos poucos os protagonistas van cambiando: duns novos non humanos aos de Planetes 3. Esta serie nas tempadas 5-16 presenta un futuro que podería ser de Planetes3, pero sen a incursión temporal dos Sulibans.

Películas[]

Fixéronse cinco películas do universo expandido, e están a facerse máis. As películas son:

Ligazóns externas[]

Advertisement