
Lauryn.
Lauryn Alisa McClain é unha personaxe do universo expandido de Planetes. Naceu o 9 de xaneiro do 1997, e é unha actriz adolescente americana, cantante, compositora e bailarina. Ten dúas irmás, China Anne McClain e Sierra Aylina McClain, formando o grupo McClain Sisters. A súa irmá China Anne McClain é a protagonista da serie de Disney Channel ANT Farm. O seu pai, Michael McClain, é un produtor de música, escritor, músico, vocalista e enxeñeiro de son. A súa nai, Shontell McClain, é tamén vocalista, cantante e compositora. As irmás naceron en Atlanta, Xeorxia, e viven nos Ánxeles, California coa súa familia.
No ano 2013, Josep Maria 17 pediu a İhi Kadse que fale coas irmás McClain para pedirlles axuda. Cando as coñece, 17 di que as traia á FEF 07 para explicalas todo. Ao final, İhi vese obrigada a explicarlle todo tamén ao seu mánager, e o tres irmás e o mánager de İhi soben a bordo. A irmá maior, Sierra, parece antipática e non quere colaborar. A irmá pequena, China, cre que todo é unha película. E 17 sente atracción pola irmá mediana, Lauryn, sen saber por que. 17 e İhi fan un novo concerto en Góbola, onde traen ás tres irmás. Sierra non quere baixar e queda a bordo sen crer nada. Pero uns días máis tarde, cando İhi xa volvera dos Estados Unidos, as dúas irmás que baixaron a Góbola perden a memoria como Kimberly, e só Sierra acórdase de todo porque non baixou. İhi e 17 sacan en conclusión que algo pasa en Góbola, e non saben se está relacionado con Érika ou non. İhi ve que os recordos non foron borrados do todo. Máis tarde descobren que Lauryn ten unha “frecuencia”, e por isto Josep Maria # agora sente atracción por ela, xa que as persoas con frecuencias atráenlle igual que as persoas especiais.
Personaxes de Planetes | |
Serie | Personaxes principais das series |
---|---|
Planetes (anime) | Hachirota "Hachimaki" Hoshino • Ai Tanabe • Fee Carmichael • Yuri Mihairokoh |
Planetes (serie 1) | Josep Maria 4 • Ralja • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes Mata 2 | Josep Maria # • Ralja • Manuel • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes 3 | Josep Maria # • Lina • Manuel • Laia • Lia • Padok • Outros nenos • Bursianos • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Rutitto • Kimberly |
SerieStar4 | Groka • Padok • Outros tripulantes • Josep Maria # • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Laia • Kimberly (Mimi) • Dany |
Máis… | Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V) |