Wiki Planetes
Registrarse
Advertisement
Klingon

Macho e femia klingon.

Kronos

Kronos, planeta dos klingon.

Os klingons (tlhIngan na súa lingua), son unha especie humanoide guerreira e coa honra por diante de todo, mesmo das súas vidas. Esta especie vén da serie Star Trek.

Como moitas razas no universo expandido de Planetes, os klingons son antropomorfos, sendo os seus trazos distintivos a súa altura (máis de 2 metros) e as cristas óseas das súas frontes. Xeralmente teñen pelo longo e déixanse crecer longas barbas e bigotes.

Kronos[]

O mundo natal dos klingons é Kronos (en idioma klingon Qo'nos). É un planeta de cor verde azulado que vira ao redor da estrela Klingon.

Kronos está composto por unha única masa de terra xunto cun enorme océano. Ten uns cambios climáticos moi bruscos e que causan épocas dunha gran calor e outros dun frío insoportable.

Kronos atópase relativamente preto de Vulcano, sería posible comunicarse con el catro días despois de partir de Kronos a hiperespacio.

No universo expandido de Planetes, saen na serie 3, onde ao principio estaban unidos á Frota Estelar da Federación pero por un conflito acabaron inimigos. Ao final a nave FEF 07 borroulles a memoria da existencia da FEF.


Especies e lugares de Planetes
FEF: Terra (humanos)Góbola (gobolianos)Teremedó (teremedosianos)Vulcano (vulcanianos)Nimbeanos e mirianos (sistema Talos)
Outros: Klingons (Kronos)SulibansRecinto TékodaPegaso (pegasianos)Dominio (dimensión descoñecida)Universo espelloVía Láctea
Advertisement