Wiki Planetes
Registrarse
Advertisement

Groka Birka é a capitá nimbeana da oitava nave da Frota Talosiana, e por iso é a protagonista nas tempadas 1-4 de SerieStar4.

Nacemento e infancia[]

Ela naceu en Nimbea no 1980, e toda a súa infancia tivo o soño de ser capitá dunha nave. Aos 12 anos apuntouse como aprendiz na Frota Talosiana, e aos 18 anos saíu por primeira de Nimbea nunha nave que ía a Mira. O almirante que nese momento organizaba a Frota ascende a Groka como capitá na oitava nave das 12 que saen de Nimbea en 2001 coa misión de explorar máis aló do sistema Talos.

Capitá dunha nave[]

Ela recruta dous tripulantes de Nimbea (Biurk e Lemba) e dous tripulantes de Mira (Parth e Mol). Cando saen van parar ao planeta Vulcano, e alí atópanse cun neno chamado Padok que secretamente estivera no espazo. Padok pide a Groka de unirse á súa nave, e ela acepta ao mozo vulcaniano como alférez.

Cando saen únese á tripulación unha muller dunha raza descoñecida, chamada Margareeda, que ten habilidades telepáticas e que axuda psicoloxicamente á tripulación. Padok sofre o Pon Farr e Margareeda, que estaba namorada de Padok, se aparea con el e empezan unha relación.

Máis tarde van parar á Terra e atópanse a Frota Estelar da Federación, e Talos únese á FEF co que a nave de Groka pasa a chamarse FEF 08.

Relación con Diego[]

Xa cando fixeran moitas aventuras, únese á tripulación o doutor Diego Arguedas, un humano que estivo como médico das naves 04, 05 e 06 cos nenos que foron capturados en Tékoda polos bursianos. Na FEF 08 é o médico da nave durante pouco tempo. Namórase da capitá Groka, e ten un fillo chamado Dídac Arguedas, que é medio humano e medio nimbeanés. Posteriormente Diego morre.

Ver tamén: Diego

Morte[]

A nave FEF 08 atopa un planeta na galaxia de Andrómeda, e descobre que os teremedosianos e os sulibans teñen unha orixe común nese remoto planeta: dúas irmás restantes dunha civilización extinta fundaron as dúas razas. A irmá maior e máis vengativa chamada Sulny fundou a raza suliban, e a máis pacífica chamada Melny fundou a raza teremedosiana. Sulny morreu, e Melny estaba soa. Entón Groka decide quedar con Melny, e morre no planeta.

Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)
Advertisement