
Góbola.

Un goboliano.
Góbola é un planeta afastado á Terra con moitos sátelites pequenos que sae no universo expandido de Planetes. É un planeta apto para a vida. Atópase nun extremo do cuadrante Alfa da Vía Láctea. A tecnoloxía do planeta é máis avanzada á da Terra.
Habitantes[]

O estómago dun goboliano.
Os gobolianos son habitantes de Góbola e son primates bípedos cunha marca na fronte e unha cruz no estómago en lugar de embigo. Son bastante obesos, moito máis que os humanos. Viven só un corenta anos, e ao nacer non miden máis de 2 centímetros. Cando teñen 10 anos o seu aspecto é como un humano de 2 anos, e crecen moi rapidamente. Os gobolianos, xunto cos humanos, teremedosianos, nimbeanos e mirianos (sistema Talos) forman a Frota Estelar da Federación.
Destrución nun posible futuro[]
Nun posible futuro en que os sulibans non alterasen a historia, os pegasianos chegan a este planeta e lanzan unha arma que destrúe todo Góbola e os seus habitantes. Dany veo todo e, con rabia pola perda do planeta, atopa unha maneira de destruír Pegaso e toda a súa raza, pero necesítase un sacrificio: el ten que meterse nun vórtice. Despois de chegar coa FEF 09 a Pegaso Dany conségueo, cae no vórtice e é dado por morto.
Especies e lugares de Planetes |
---|
FEF: Terra (humanos) • Góbola (gobolianos) • Teremedó (teremedosianos) • Vulcano (vulcanianos) • Nimbeanos e mirianos (sistema Talos) Outros: Klingons (Kronos) • Sulibans • Recinto Tékoda • Pegaso (pegasianos) • Dominio (dimensión descoñecida) • Universo espello • Vía Láctea |