Wiki Planetes
Advertisement
06

A nave FEF 06.

A nave 06, e máis tarde FEF 06, é unha nave estelar do universo expandido de Planetes. É unha nave estelar que construíron os nenos que estaban atrapados en Tékoda. Con ela fundaron a Frota Estelar da Federación.

Construción e viaxes en Tékoda[]

En 2001 os nenos que ían na nave 05 mataran a todos os bursianos e apoderáronse de Tékoda. Pero non todo acabou ben: por unha avaría, a 05 programou unha viaxe case a Warp 10 fóra de Tékoda, cara ao espazo profundo. A tripulación tiveron pouco tempo para escapar, e a nave se dió por perdida. Non só pasou isto: un bursiano que conseguira sobrevivir recreou o resto dos seus e volveron tomar o control de Tékoda. Os nenos tiveron pouco tempo para escapar a Tisawó, un satélite natural do planeta máis próximo a Tékoda.

Esta nave foi contruída no alurrás (un tipo de mar) de Tisawó, onde os nenos escondíanse. No primeiro episodio de Planetes 3 lanzaron a nave desde alí rumbo a Góbola, puxeron rangos aos nenos (Josep Maria 6 como capitán e Ralja como comandante) e despois de facer unha misión alí foron outra vez capturados en Tékoda. No episodio seguinte lograron escapar á Terra, pero os bursianos seguíronlles e volvéronos a levar a Tékoda, deixando na Terra a Ralja (goboliana) e a Jordi (humano). Entón 6 asignou unha nova primeiro oficial, a comandante ifniliana Lina. Esta nova tripulación tiveron moitas aventuras, ata que en febreiro do 2002 Josep Maria 6 lanzou a directriz Omega, unha arma que destruíu Tékoda e os bursianos. Volveron á Terra, os nenos volveron ao pasado para que os seus pais non notasen nada e 6 deixou a nave no planeta Teremedó aparcada e en desuso.

Última misión e destrución[]

En 2012, a nave FEF 05, que fora recuperdada e con nova tripulación, tentaron facer unha cousa prohibida no “Ceo”: levar con eles un espírito. Por iso foron penalizados e foron enviados ao Sol a Warp 10. Na rápida viaxe á morte en 2012 puideron enviar unha mensaxe de socorro á Terra, que Josep Maria 17 recibiu e colleu a abandonada nave FEF 06 para salvalos. Só se salvaron 6 persoas da FEF 05, e perdeuse a FEF 06 causando a morte de quen a pilotaba, unha copia dunha moza chamada Marta (a orixinal ía ao antigo colexio de 17).

Lanzadeiras[]

Esta nave levaba como lanzadeiras a TC1 e a TC2, que en Planetes Mata 2 eran utilizadas en Tékoda como Torres de control de Ot i Búr’sw respectivamente.


Naves de Planetes
Bóla 04FEF 05FEF 06FEF 07FEF 08FEF Dortox 00FEF 09
Advertisement