
A nave FEF 08.
A oitava nave talosiana, e posteriormente FEF 08, é unha nave estelar do universo expandido de Planetes. É unha nave estelar que nunha orixe era do sistema Talos e que se pasou á Frota Estelar da Federación en 2007.
Lanzamento e tripulación orixinal[]
Un grupo de nimbeaneses e de mirianos, procedentes do sistema Talos, van buscar novas civilizacións polo espazo. Saen doce naves, e esta é a oitava. Teñen algunhas aventuras, e máis tarde atópanse coa FEF, na que se unen pasándose a chamar esta nave FEF 08. Cando saen do Sistema Solar son absorvidos por un buraco de verme non moi lonxe de onde estaban, e teñen máis aventuras. Todo isto vese nas tempadas 1-4 de SerieStar4. A tripulación é a seguinte:
- Groka Birka: capitá da nave, nimbeana.
- Parth: comandante e primeiro oficial, miriana.
- Mol: tenente comandante e xefe de seguridade, miriano.
- Biurk Grog: alférez e temoneiro, nimbeano.
- Lemba Pund: alférez e temoneiro, nimbeana.
- Margareeda: axudante e psicóloga dunha raza diferente.
- Padok: alférez vulcaniano.
Nova tripulación: descendentes[]
Cando pasan moitos anos, Vulcano únese á FEF e Padok pasa a ser almirante dos vulcanianos e a levar unha nova nave, a FEF 10 ou FEF 0Ɛ. Paralelamente, na FEF 08, aos poucos os protagonistas casan e teñen fillos, e así van cambiando a tripulación:
- Biurk Grog: capitán, nimbeano.
- Lemba Pund: comandante e primeiro oficial, nimbeana.
- George: tenente comandante e xefe de seguridade, fillo de Margareeda e Padok.
- Diego Arguedas: médico da nave durante pouco tempo. Namórase da capitá Groka. Posteriormente Diego morre.
- Dídac Arguedas: novo médico, como o seu pai Diego e a súa nai é Groka. El pasa a ser o médico cando o seu pai morre.
- Courier: tenente e temoneiro.
- Tuc: alférez e temoneiro.
- Felix Grog: o pequeno fillo de Biurk e Lemba.
Naves de Planetes |
---|
Bóla 04 • FEF 05 • FEF 06 • FEF 07 • FEF 08 • FEF Dortox 00 • FEF 09 |