
Símbolo do Dominio.
O Dominio (tamén coñecido como a dimensión descoñecida) é unha poderosa alianza de pobos do cuadrante Gamma no universo expandido de Planetes. O Dominio foi creado hai 2000 anos polos fundadores. Os fundadores son unha raza de cambiantes, permanecen en estado líquido a maior parte do tempo, pero son capaces de cambiar a vontade a súa forma.
Desde este remoto lugar comezaron a desenvolver o Dominio. Para iso crearon, mediante enxeñaría xenética, a outras razas, quen se encargarían de levar a cabo a súa política: os Vorta e os Jem’Hadar.
No 2000, no episodio 7 da segunda tempada de Planetes (serie 1) unhas naves secuestran a bóla 04 e destrúena, capturando aos seus ocupantes. Ao final Josep Maria 4 e os seus poderes axudan aos nenos a escapar, e escapan cunha nova nave que a chaman 05. Entón os do cuadrante Gamma eran chamados a dimensión descoñecida, ata que descobren o seu nome verdadeiro: Dominio.
Especies e lugares de Planetes |
---|
FEF: Terra (humanos) • Góbola (gobolianos) • Teremedó (teremedosianos) • Vulcano (vulcanianos) • Nimbeanos e mirianos (sistema Talos) Outros: Klingons (Kronos) • Sulibans • Recinto Tékoda • Pegaso (pegasianos) • Dominio (dimensión descoñecida) • Universo espello • Vía Láctea |