
A Creación Áurea con forma física.
A Creación Áurea é un ser que non debería existir, xa que é un ser imposible de crearse, pero existe. Foi creado para contrarrestar e destruír á especie de Érika, que creou a enerxía do universo. Non se sabe o motivo, pero existe na primeira metade do século XXI e na liña temporal alterada polos sulibans, e vive na Terra baixo o nome de Kirannis. Aparece por primeira vez na película Planetes IV: A enerxía do universo.
Descrición[]
Sábese que o ADN da Creación Áurea está formado por un número infinito de especies, e parte do seu ADN é colleito de infinitas formas de vida. Pero a metade do seu ADN provén do viaxeiro do tempo teremedosiano Dany, e unha cuarta parte da viaxeira do tempo humana Nayelis (que nace no 2056). A outra cuarta parte do seu ADN non se sabe de onde provén, pero sábese que ten unha oitava parte suliban.
Colaboradores[]
A Creación Áurea vive na Terra e faise pasar por humana (só o é unha cuarta parte), e ademais ela pensa que é unha moza normal. Por iso, a FEF sabe que hai algunhas entidades que a controlan, e non lle dirán o que debe facer e a súa finalidade ata que sexa o momento apropiado. A FEF descubriu que o dobre de Josep Maria # no universo espello, Yusma, traballa para as entidades que teñen o control da Creación Áurea, pero Josep Maria # sabe que o seu dobre só quere beneficios persoais e poderá traizoarlles cando quixer. A FEF non sabe quen máis está a traballar para estas entidades.
Filtros de percepción[]
Un filtro de percepción é un efecto telepático que despista os sentidos do obxecto ou persoa no que estea a actuar. Os filtros de percepción teñen o efecto de dirixir a atención lonxe do obxecto ou o seu portador, facéndoos pasar desapercibidos. A memoria é modificada para que a xente pense que o obxecto sempre estivo alí. Tamén se esquecería calquera inconsistencia. A xente intelixente en particular pode ser inmune aos efectos dos filtros de percepción. Unha vez que unha persoa se volver consciente dun filtro de percepción e o obxecto estiver disfrazado, xa non quedará afectado. İhi Kadse fixo unha descrición para entendelo mellor: “Se souberes que está aí, pero non quixeres saber que está aí”.
Normalmente, a Creación Áurea e o seu equipo fai filtros de percepción de persoas, para despistar aos oficiais da FEF. Na igrexa de Lorena hai dúas filtros de percepción, e na igrexa da Creación Áurea (que agora vai Josep Maria #) hai dúas irmás que tamén son filtros de percepción, e son protagonistas nunha serie paralela tamén creada por Dýmapko: Cousas de Irmás. Ademais, hai filtros de percepción na universidade de Josep Maria # e en cada lugar onde van os oficiais da FEF 07 para despistalos, pero principalmente usan os filtros de percepción con Josep Maria #.
Personaxes de Planetes | |
Serie | Personaxes principais das series |
---|---|
Planetes (anime) | Hachirota "Hachimaki" Hoshino • Ai Tanabe • Fee Carmichael • Yuri Mihairokoh |
Planetes (serie 1) | Josep Maria 4 • Ralja • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes Mata 2 | Josep Maria # • Ralja • Manuel • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes 3 | Josep Maria # • Lina • Manuel • Laia • Lia • Padok • Outros nenos • Bursianos • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Rutitto • Kimberly |
SerieStar4 | Groka • Padok • Outros tripulantes • Josep Maria # • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Laia • Kimberly (Mimi) • Dany |
Máis… | Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V) |