Esta é unha lista dos bursianos que viviron no recinto Tékoda. Os primeiros que aparecen (serie 1) capturaron a bóla 04 con Josep Maria #, Ralja e outros humanos. Para o final da primeira parte de Planetes Mata 2 a 05 derrótaos e fanse como “reis” de Tékoda, pero isto é temporal porque regresan e volven a quedar encerrados. Ao final da primeira parte de Planetes 3 son finalmente derrotados coa destrución de Tékoda pola Directiva Omega.
Zuck
O xefe dos bursianos. Aparece en todos os episodios que aparece Tékoda. El ten a capacidade de crear máis bursianos se algún dos seus amigos morrer. Se Zuck morrer, xa non poderán haber máis bursianos. Morre cando se destrúe Tékoda.
Natàlia
Aparece en Planetes (serie 1) e Planetes Mata 2. Na serie 1 ela organiza e controla ao grupo B, a metade dos nenos, e en Planetes Mata 2 ao morrer Montse e Cristina, Natàlia pasa a controlar o grupo A e a nova bursiana Maria controla o grupo B. Gústalle lanzar xente pola xanela. Ao final da primeira parte de Planetes Mata 2 Natàlia morre.
Montse
Aparece en Planetes (serie 1), e controla o grupo A (a outra metade dos nenos). Ao final da primeira temporada da serie 1 morre.
Jesús
Aparece en Planetes (serie 1), asistente de Zuck. Ao final da serie 1 morre.
Cristina
Substitúe a Montse, e controla o grupo A. Ao final da serie 1 morre.
Àngel
Substitúe a Jesús como asistente de Zuck. É disparado por Josep Maria 5 ao final de Planetes Mata 2, mais só é ferido e para o final da primeira temporada de Planetes 3 volve a estar activo. Morre definitivamente cando se destrúe Tékoda.
Maria
É a nova bursiana de Planetes Mata 2. Morre cando se destrúe Tékoda.
Maite
É a nova bursiana de Planetes 3. Morre cando se destrúe Tékoda.
Xavi
Segundo que substitúe a Àngel mentres este está a rexenerarse. Cando Àngel volve a estar activo, el mata a Xavi.
Bursiano sen nome
Primeiro que substitúe a Àngel mentres este está a rexenerarse. É agresivo e tenta matar ao capitán 6, mais Ralja o mata.
Personaxes de Planetes | |
Serie | Personaxes principais das series |
---|---|
Planetes (anime) | Hachirota "Hachimaki" Hoshino • Ai Tanabe • Fee Carmichael • Yuri Mihairokoh |
Planetes (serie 1) | Josep Maria 4 • Ralja • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes Mata 2 | Josep Maria # • Ralja • Manuel • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes 3 | Josep Maria # • Lina • Manuel • Laia • Lia • Padok • Outros nenos • Bursianos • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Rutitto • Kimberly |
SerieStar4 | Groka • Padok • Outros tripulantes • Josep Maria # • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Laia • Kimberly (Mimi) • Dany |
Máis… | Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V) |