Érika (Jé Séniah), rexenerada como Annika Caetano, Danika e outros nomes, é unha personaxe do universo expandido de Planetes. Non se sabe nada da orixe ou o nome da súa especie, pero sábese que ela é membro dunha especie en extinción e só quedan dúas, e a súa especie foi quen xerou a enerxía do universo no Big Bang.
Información da especie[]
Esta especie só ten un sexo, o feminino. Unha característica desta especie é a rexeneración. Normalmente fanse pasar por habitantes do planeta onde viven, e cando se emparellan cun macho, se ela ten unha filla, o seu corpo faise da especie do macho e perde os recordos de alieníxena, pero a filla que nace faise alieníxena e todos os recordos e a personalidade da nai son pasados á filla; a nai rexenerouse na filla e xerou un corpo falso da especie do pai que segue con el sen que saiba nada da procedencia da súa muller.
Outra característica desta especie é converter a persoas en “Sequoia”: isto consiste en facer que persoas a obedezan sen saber por que o fan, por iso os oficiais da FEF chaman a este proceso “abdución”, pero este termo non é oficial. Para converter a alguén en Sequoia, esta especie ten que coller á vítima das mans e transmítelle algo. Isto adóitano usar sempre para incorporarse nunha familia e que crean que ela é parte da familia, e ademais Érika usouno para o seu beneficio e para evitar que os oficiais da FEF investiguen demasiado. Cando un Sequoia volve á normalidade, perde todos os recordos durante o seu período que estivo a ser Sequoia. 0 foi Sequoia voluntariamente e logo volveu á normalidade, e unha amiga de İhi Kadse e a actriz Zendaya tamén foron Sequoias. Actualmente seguen sendo Sequoias dous profesores do último instituto que Josep Maria e Érika estudaron, tres alumnos da súa clase, unha moza do pobo de Josep Maria #, outra amiga de İhi chamada Melody, e máis xente que a FEF descoñece.
Érika[]
Érika é a encarnación que viviu na primeira metade do século XXI dunha dos dous restantes desta especie, e é a máis coñecida. Viviu moito tempo, ela dixo na película Planetes III: Entre dous períodos de tempo que tiña máis anos que o planeta Teremedó. Nun principio crían que tentaba destruír aos teremedosianos, pero logo descubriron máis dela, e que o seu obxectivo non era ningunha especie en concreto. Segun sábese, ela creou o universo espello no século V, creando un universo alternativo onde o Imperio Romano non caeu e a humanidade fíxose máis salvaxe, até chegar ao Imperio Terrano fundado no século XX, que domina todo o planeta. Tamén se creou unha copia dela, que vivía no universo espello. Na liña temporal orixinal, sen os cambios dos sulibans, Érika casou con Leo e rexenerouse nunha filla chamada Danika. Leo morreu na Terceira Guerra Mundial. En SerieStar4 aparece Érika de vella, pero xa non é a mesma, senón que é un corpo que xerou a alieníxena para quedar na Terra e evitar sospeitas.
Annika Caetano[]
Annika Caetano é a encarnación que viviu na primeira metade do século XXV de Érika, rexenerada aproximadamente 20 veces. Aparece en Planetes III: Entre dous períodos de tempo como unha nena de 12 anos, que se volveu tola polo paso dos séculos e quere destruír o universo tal e como o coñecemos e crear un universo baixo o seu control. Coa axuda inesperada de Érika, logran deter a Annika Caetano porque Érika fai que a súa versión do futuro entre nun vórtice e deixe de existir. E tamén coa axuda de Érika, volven ao seu tempo e á súa liña temporal. Tamén aparece a nai de Annika, pero descoñécese o seu nome.
Érika (neta)[]
Érika, neta da orixinal Érika, aparece en SerieStar4 na liña temporal orixinal. A nave FEF 09 co neto de Josep Maria #, Adry, viaxan á liña temporal alterada polos sulibans pero atrapados nunha burbulla co tempo conxelado no 6 de xullo do 2014 e descobren como sería a vida de Josep Maria # nesa liña temporal, pero equivócanse: cren que Josep Maria # deixou a İhi e empezou a saír cunha moza chamada Lorena, porque os ven na casa de Josep Maria # xuntos. Pero en verdade viron uns filtros de percepción creados pola Creación Áurea, para enganar aos oficiais do futuro e realmente Josep Maria # e Lorena estaban noutro sitio. Cando volven ao seu tempo (ano 2090), Adry atopa a Lorena moi vella e que ten familia, e viven en Portugal. Entón revélase que Érika ten baixo o seu control un hospital, e atópase con Adry. Entón decide borrarlle a memoria a todos da liña temporal orixinal calquera recordo da liña temporal alterada que teñan. E xa non aparece máis.
Outras encarnacións[]
Unha das encarnacións de Érika casou no principio do século XXII co inventor do teletransportador, Emory Erickson. Isto viuse na base de datos da USS Enterprise (NCC-1701-F) cando a nave FEF 07 viaxou ao ano 2412 e á liña temporal orixinal.
Universo espello[]
Érika no universo espello tentou axudar a Josep Maria #, resultando ser a parte oposta da Érika orixinal, aínda que fixo algunhas cousas demasiado esaxeradas. Resulta que a Érika orixinal tentaba evitar que Josep Maria # contactase co seu dobre, e a Érika do mundo paralelo case non lles dá moita información. Na película Planetes IV: A enerxía do universo descóbrese que o dobre de Josep Maria #, Yusma, secuestrou á Érika do universo espello porque traballaba para a Creación Áurea, e logo acabou desfacéndose dela.
Velika[]
Velika (Велика en cirílico) é a outra restante da especie. O seu nome significa “grande”. Pouco se sabe de Velika, só que vive en Serbia e que descoñece que a súa especie foi extinguida pola Creación Áurea. Josep Maria 18 viuna por casualidade nunha excursión que fixo e a FEF perdeu o seu rastro. Ademais, Érika non sabe que Velika (Велика) está viva e pensa que ela é a última, e non quere crer o que lle di Josep Maria 18.
Personaxes de Planetes | |
Serie | Personaxes principais das series |
---|---|
Planetes (anime) | Hachirota "Hachimaki" Hoshino • Ai Tanabe • Fee Carmichael • Yuri Mihairokoh |
Planetes (serie 1) | Josep Maria 4 • Ralja • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes Mata 2 | Josep Maria # • Ralja • Manuel • Laia • Diego • Outros nenos • Bursianos |
Planetes 3 | Josep Maria # • Lina • Manuel • Laia • Lia • Padok • Outros nenos • Bursianos • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Rutitto • Kimberly |
SerieStar4 | Groka • Padok • Outros tripulantes • Josep Maria # • İhi Kadse • 0 • Pumiky • Carla • Ann • Laia • Kimberly (Mimi) • Dany |
Máis… | Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V) |