Wiki Planetes
Advertisement
Lorena

Lorena.

Lorena Cuevas Medina é unha personaxe do universo expandido de Planetes. Ela é da República Dominicana e ten dúas irmás, Nelianny Isabel e Laura. Esta personaxe só aparece despois da división da liña temporal feita polos sulibans.

Liña temporal orixinal[]

Sábese pouco da vida de Lorena na liña temporal orixinal. Cando Adry (neto de Josep Maria # e İhi Kadse) viaxou á liña temporal alternativa e ao 6 de xullo do 2014, na burbulla de tempo conxelado viu o seu avó e Lorena xuntos cando visitou a casa do seu avó. Pero en verdade viron uns filtros de percepción creados pola Creación Áurea, para enganar os oficiais do futuro e realmente Josep Maria # e Lorena estaban noutro sitio. Por iso quixo saber máis sobre ela, e buscouna na súa liña temporal, a orixinal. Atopouna en Portugal, na cidade de Porto, que se trasladara desde Cataluña a este país cando era nova. Casou cun mozo de Angola que vivía en Portugal, José Gonçalves, e tivo unha filla chamada María. O ano 2090, Adry atopou Lorena coa súa filla e a súa neta, e levouna a Teremedó para reunírense con Josep Maria 95. Entón descubriu que tiña unha enfermidade e non podía vivir fóra da Terra, e volveron á Terra. Daquela atopáronse coa neta de Érika, chamada igual, que lles revelou que era alieníxena e tiña baixo o seu control o hospital da Prelada de Porto. Érika empeza a enviar datos a Teremedó, e sobe á FEF 09 co permiso de Adry. Lorena morre sen que Érika puidese facer nada, e Adry descobre que Lorena tiña un elemento dentro dela que lle provocaba a doenza, que Érika dixo que algúns o chaman “frecuencia”. Entón Érika decide borrarlles a memoria a todos da liña temporal orixinal sobre calquera lembranza da liña temporal alterada que tiveren. Isto aparece en SerieStar4.

Liña temporal alterada[]

Na liña temporal alterada polos sulibans con Kimberly, Lorena aparece de nova. Lorena é unha rapariga que vai á primeira igrexa de Josep Maria #, pero logo el deixou de ir a esa igrexa para ir á igrexa que vai a Creación Áurea, que é da mesma rama de igrexa cristiá evanxélica. Outro mozo da igrexa de Lorena que estudaba na mesma clase que Josep Maria # antes de ir á universidade, chamado Melvin, fíxose amigo de Josep Maria # e el faloulle a Melvin sobre a FEF e sobre Érika, aínda que fai ver que todo é imaxinación. Xuntos descobren que hai xente que é especial por ter o que Melvin chama “frecuencias”. Josep Maria # ten unha e İhi tamén, e Melvin ten dúas. Tamén descobren que Lorena ten unha, e por iso Josep Maria # agora sente atracción por ela, xa que as persoas con frecuencias lle atraen igual como as persoas especiais. A frecuencia de Lorena antes tíñaa a súa irmá, Nelianny Isabel, pola que tamén sentía atracción ata que perdeu a frecuencia. Por algún motivo descoñecido, na burbulla temporal que visitou o neto de Josep Maria # da liña temporal orixinal, Adry, na casa de Josep Maria # estaban el e Lorena xuntos. Pero en realidade Josep Maria 18 estaba na igrexa da Creación Áurea, e Lorena na súa casa. Seguramente eran filtros de percepción para despistar os oficiais da FEF 09 do futuro alternativo. Lorena aparece por primeira vez no final da película Planetes III: Entre dous períodos de tempo. Josep Maria 19, na película Planetes IV: A enerxía do universo, ao final decide que ela e Melvin os poderían axudar na FEF co seu problema de Érika e a Creación Áurea, e daquela cóntalles todo e lévaos á nova nave FEF 09 onde coñecen İhi e planean unha estratexia para atopar unha solución ao problema. A nave FEF 07, agora baixo o mando do capitán 0, tamén os axuda. Ao final da película descóbrese que Lorena e Melvin non estiveron nunca na 09 nin coñecen o segredo do seu amigo sobre a Frota Estelar da Federación: eran dobres creados por Érika que quería poñer a proba os oficiais da FEF.

Universo espello[]

No universo espello sábese que Lorena é do equipo de mozas de Yusma, pero aínda non apareceu en series ou películas de Planetes nin se atopou con Josep Maria # do universo normal. Só aparece na serie “Cousas de Irmás”, onde despois da morte de Yusma, Lorena ao final é unha das poucas mozas do seu exército que quedan vivas (xa que as outras son asasinadas pola rexenta Andrea).

Personaxes de Planetes
Serie Personaxes principais das series
Planetes (anime) Hachirota "Hachimaki" HoshinoAi TanabeFee CarmichaelYuri Mihairokoh
Planetes (serie 1) Josep Maria 4RaljaLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes Mata 2 Josep Maria #RaljaManuelLaiaDiegoOutros nenosBursianos
Planetes 3 Josep Maria #LinaManuelLaiaLiaPadokOutros nenosBursianosİhi Kadse0PumikyCarlaAnnRutittoKimberly
SerieStar4 GrokaPadokOutros tripulantesJosep Maria #İhi Kadse0PumikyCarlaAnnLaiaKimberly (Mimi)Dany
Máis… Meŀlina (Planetes II) • Érika (Planetes III) • Creación Áurea (Planetes IV) • Lorena (Planetes IV) • Lauryn (Planetes V) • Alexandra (Planetes V)
Advertisement